
A compañía fundouse na Coruña fai tres xeracións como "Empresa García" por D. Manuel García Pico. Nun principio o seu labor principal era dar servizo á xente que se desprazaba aos mercados das bisbarras veciñas desta cidade.
Co paso do tempo foi aumentando o seu tamaño e abranguendo novos ámbitos dentro do transporte de viaxeiros: liñas regulares, transporte escolar para a Consellería de Educación e distintos colexios privados, todo tipo de viaxes discrecionais, etc..
En 1998 compra o primeiro vehículo adaptado para persoas de mobilidade reducida. Esta primeira adquisición, condicionada polas necesidades dun centro de educación especial,
introduciría a empresa nun novo mercado minoritario de traballo do que moi poucos se preocupaban.
Grazas á experiencia adquirida, a novos vehículos adaptados, clientes e a un estudo profundo das necesidades do mercado, no ano 2004, Autocares M. García deu o gran paso que a distinguiría das demais empresas de transportes ata a actualidade. Decídese dar un cambio radical e especializar a empresa en transporte adaptado para persoas de mobilidade reducida, renovando a frota e mesmo renunciando a certos servizos incompatibles coa devandita especialización.

Certificados nas normativas de Calidade e Medio Ambiente:
ISO 9001:2008
UNE 13816:2003
ISO 14001:2004