Autocares M. García está situada na cidade da Coruña (Galicia, España) e o seu raio de acción diario abarca os concellos próximos a esta cidade: Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Bergondo, Sada, Betanzos, A Laracha, Carballo. Para desprazamentos de media distancia, pódense cubrir nunha xornada calquera das principais cidades Galegas: Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, Ferrol.

Todo o noso persoal esta afeito ao trato con persoas que posúen distintos tipos de minusvalideces. Esta experiencia é adquirida diariamente grazas aos clientes habituais: Centros de educación especial, asociacións de minusválidos, residencias de anciáns e centros de día para maiores.

A continua renovación de vehículos adaptados consegue que tanto os autocares coma os sistemas de accesibilidade e seguridade para usuarios de cadeiras de rodas sexan sempre os modelos máis recentes do mercado. O feito de ter toda a frota accesible, proporciona unha garantía engadida en caso de incidencias que asegura a dispoñibilidade doutro vehículo das mesmas características.

O principal obxectivo e á súa vez o maior logro conseguido ata a data, é igualar as tarifas dos servizos que requiren sistemas adicionais de accesibilidade cos servizos habituais ofrecidos polas demais empresas de transporte. Este feito foi o froito da especialización e a coidada selección de traballos, dando sempre prioridade a aqueles que necesiten un servizo especializado.

Paxina web optimizada para resolucions de 1024 x 768

Certificados nas normativas de Calidade e Medio Ambiente:
ISO 9001:2008
UNE 13816:2003
ISO 14001:2004