O 100% da frota de Autocares M. García dispón de plataforma elevadora e espazo acondicionado para a suxeición de cadeiras de rodas. Ademais desta característica fundamental, a empresa dispón de vehículos con distintas capacidades para adaptarse ás necesidades de cada cliente, dende autocares con 53 prazas ata vehículos de 5 prazas. Todos eles se poden configurar segundo as cadeiras que deban viaxar ancoradas ao piso do autocar.
Nas instalacións situadas na Coruña a empresa dispón de taller propio para realizar o mantemento e as revisións periódicas dos vehículos. Ademais disto, un mecánico especializado en plataformas elevadoras, revisa estes sistemas para aumentar a súa fiabilidade.
A especialización en transporte adaptado non impide a realización de servizos que non requiran destes sistemas adicionais. As plataformas elevadoras permanecen ocultas entre os chanzos de acceso e o resto do autocar apenas difire dos habituais. Algúns dos clientes habituais que non precisan estes sistemas, contratan os seus servizos coa empresa para apoiar esta iniciativa de eliminación de barreiras no transporte público.
Certificados nas normativas de Calidade e Medio Ambiente:
ISO 9001:2008
UNE 13816:2003
ISO 14001:2004